top of page

Rúbricas

Captura de pantalla 2026-09-03 a las 13.59.22.png

 

 

Aclaracións sobre as posibles comparacións:

 

·      As comparacións serán relativas a aspectos xenéricos dos séculos XIX ou XX (bloques 2, 3 y 4).

​

·      Se a comparación é entre períodos históricos, estes serán consecutivos, nunca entre etapas moi diferentes, como podería ser, por exemplo, comparar o reinado de Fernando VII e o Sexenio democrático.

 

·      Non haberá comparacións entre Constitucións nin se preguntarán as etapas do reinado de Sabela II. Porén, se o obxecto da comparación invita a introducir aspectos relacionados coas diferencias entre constitucións, por pertencer a ideoloxías diferentes, si será necesario salientalo.

 

·      A resposta non debe elaborarse como se fora un comentario de texto, nin un tema teórico porque non o é. O alumnado unicamente debe explicar as semellanzas e diferenzas que constitúen esa análise comparativa.

 

·      A resposta non pode formularse mediante unha táboa comparativa.

​

​

 

​

Aclaracións sobre as características dos posibles erros: 

 

·      O alumnado terá que detectar, explicar e redactar correctamente DOUS erros no texto proposto.

 

·      Os erros a identificar serán conceptuais e de contidos esenciais, non sobre cuestións de detalle.  Por exemplo, poderán ser do seguinte tipo: “A formación da Gran Armada contra Inglaterra foi consecuencia da política de reputación impulsada polo Conde Duque de Olivares”; “Un dos principais conflitos aos que debeu facer fronte Filipe II foi a rebelión de Portugal” ou “O conde duque de Olivares tivo gran importancia na definición da política exterior de Filipe II pola súa condición de valido real”.

​

​

Aclaracións sobre o formato das respostas:

 

·      Os erros teñen que transcribirse no cadernillo. Non serve subliñar no texto do exame, porque os/as correctores/as só reciben o caderniño de respostas.

 

·      As respostas deben ser redactadas porque non só se valora o contido, senón tamén á calidade da redacción (vid. Aclaración inicial sobre coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica e a súa presentación).

 

·      Para evitar confusións no proceso de corrección, aconsellamos  que a información se redacte, para cada erro, seguindo o seguinte modelo:

 

 

 

-       Identificación dos erros (por exemplo: Apartado 1.1 O texto contén dous erros. O primeiro refírese... O segundo erro consiste en...).

 

-       Argumentación (por exemplo: Apartado 1.2 Respecto ao primeiro erro, trátase dunha idea equivocada porque... En canto ao segundo, non é así porque...).

 

-       Redacción correcta (por exemplo: Apartado 1.3 O texto debería dicir que... A redacción correcta do segundo erro sería...).

​

​

 

·      A rectificación do erro debe facerse sen volver copiar todo o texto, senón só a frase ou idea que está mal. 

 

·      A explicación dos erros debe ser concreta (sen expoñer todo o tema teórico), coherente e argumentada.

 

·      Non é necesario redactar unha introdución nin tampouco unha conclusión; limitándose a resposta ao formato que presentamos.

   

​

Para facilitar a corrección das preguntas, é importante que se responda a cada unha delas por apartados (a, b, c…) ou que, no caso de non facelo así, se marquen as diferentes partes da pregunta con claridade (por exemplo, empregando parágrafos distintos, suliñando cada parte, etc). Desta maneira facilitarase a maior obxectividade posible na cualificación de cada ítem de corrección conforme á rubrica.

 

Por outra banda, o acordo da CRUE sobre os criterios de avaliación das probas sinala que a cualificación outorgada debe valorar a coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica así como a súa presentación. No caso da nosa materia, sinala que a ponderación será do 10% da cualificación total outorgada ao exame.

Estrutura da proba

​

3 e 4

Preguntas 3 e 4

Preguntas con opcionabilidade (ss. XIX - XX)

Preguntas de comentario de documentos históricos (fragmentos de textos, táboas, mapas, imaxes ou gráficos)

2

Pregunta 2

Preguntas con opcionabilidade (ss. XIX - XX)

Pregunta comparativa

1

Pregunta 1

Preguntas de resposta única.

Detección de erros

Comentario de textos históricos
Captura de pantalla 2026-09-03 a las 13.59.38.png
Comentario de táboas de datos, imaxes, gráficos ou mapas
Captura de pantalla 2026-09-03 a las 13.59.38.png

 

Aclaracións sobre os documentos:

​

·      En cada pregunta, sempre haberá unha opción do século XIX e outra do século XX

​

​

·      No exame unha das preguntas gardará relación cun documento textual e outra cun documento doutra natureza. Non necesariamente os documentos textuais gardarán relación co bloque 2 (política) e os documentos visuais, gráficos, cartográficos, etc, gardarán relación cos bloques 3 e 4 (economía e sociedade).

​

Aclaracións sobre os comentarios:

 

·      Non hai que clasificar o documento.

 

·      Non hai que identificar o documento, senón o tema.

 

·      As respostas deben centrarse no asunto concreto tratado no texto e non utilizar o texto como pretexto para elaborar unha pregunta-tema.

 

·      No caso de contestar os diferentes apartados relativos á análise dos datos e a explicación do contido, estes serán separados por punto e aparte.

​

​

bottom of page