top of page

Contidos

Relación dos diferentes temas a tratar na materia Historia de España

Bloque I. Sociedades no tempo

Pregunta competencial. Sen opcionabilidade. Aspectos sobre a Idade Moderna

​

Temas 1 - 10

Bloque II. O camiño cara a contemporaneidade. Das revolucións liberais ao tardofranquismo

Pregunta comparativa / Comentario de documentos históricos. A escoller entre opción do século XIX ou do século XX

​

Temas 1 1 - 24

Bloque III. O modelo de desenvolvemento económico español

Pregunta comparativa / Comentario de documentos históricos. A escoller entre opción do século XIX ou do século XX

​

Temas 25-28

Bloque IV. Retos do mundo actual

Pregunta comparativa / Comentario de documentos históricos. A escoller entre opción do século XIX ou do século XX

​

Temas 29-34

Desglose dos contidos

01

A nova monarquía dos Reis Católicos

Unión dinástica e reforzamento do poder real; uso político da Inquisición.

02

A configuración do Imperio español

A herdanza de Carlos V; a política exterior de Filipe II; a Unión Ibérica

03

A crise do século XVII: aspectos socioeconómicos e políticos

Aspectos políticos da crise; programa de reformas de Olivares; rebelións de Cataluña e Portugal.

04

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

Características e transformacións da agricultura. Importancia da pesca no litoral; evolución e cambios sociais.

05

Conquista e colonización de América: leis de Indias, revolución dos prezos

Sistemas de explotación dos recursos humanos (encomenda e mita); críticas e intentos de evitar os abusos (Leis de Burgos).

06

O cambio dinástico e a Guerra de Sucesión

Causas da guerra e bandos enfrontados; Tratado de Utrecht: consecuencias políticas, territoriais e económicas.

07

Os Decretos de Nova Planta e os seus efectos

Programa reformista de Filipe V de Borbón: causas e consecuencias dos Decretos.

08

O Reformismo Borbónico en Galicia

Defensa naval e apertura comercial (Arsenal de Ferrol, Correos Marítimos, Libre Comercio, Consulado).

09

A Ilustración en España

Reformas económicas e educativas durante o reinado de Carlos III; Dificultades de aplicación; Motín de Esquilache.

10

O papel da muller na Idade Moderna

Diferenzas sociais, laborais e educativas entre privilexiadas e non privilexiadas.

11

A crise da monarquía absoluta: abdicacións e ocupación napoleónica

A crise da monarquía absoluta no reinado de Carlos IV; abdicacións de Baiona; a ocupación napoleónica e repercusións políticas. 

12

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Contexto e convocatoria das Cortes de Cádiz; labor lexislativo das Cortes; características da Constitución de 1812.

13

A restauración de Fernando VII e do absolutismo

Características das etapas do reinado de Fernando VII.

14

A construción do Estado liberal

Principios do liberalismo; características das diferentes correntes e familias liberais; evolución política xeral do reinado de Sabela II.

15

A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869

Proceso revolucionario; características da constitución de 1869; o fracaso da monarquía de Amadeu de Saboia. ​

16

A Primeira República

Proclamación da República; o proxecto de constitución federal; o cantonalismo.

17

A Restauración

Proceso de restauración da monarquía borbónica; características da Constitución de 1876; bases ideolóxicas e funcionamento do sistema canovista.

18

A cuestión nacional no último terzo do século XIX

Orixe dos denominados “nacionalismos periféricos”; características e líderes do nacionalismo catalán, nacionalismo vasco e rexionalismo galego.

19

A crise da Restauración

O Desastre do 98 e a desarticulación do sistema canovista; a Semana Tráxica de 1909; a Tripla crise 1917; o Desastre de Annual.

20

A ditadura de Primo de Rivera

Golpe de estado; principais características do Directorio Civil e do Directorio militar.

21

A Segunda República

Proclamación da República; características das principais forzas políticas do período; características da constitución de 1931; evolución política xeral.

22

A Guerra Civil

Golpe de Estado; características e apoios dos bandos enfrontados; internacionalización do conflito e as súas consecuencias.

23

O franquismo: características e institucionalización

Principios ideolóxicos da ditadura; Leis fundamentais; concepto de Democracia orgánica; evolución ideolóxica (do fascismo ao anticomunismo).

24

O franquismo: as formas de oposición ao Réxime

Características das diferentes forzas de oposición ao longo da ditadura.

25

A reforma agraria liberal: as desamortizacións

Obxectivos, efectos e consecuencias principais das desamortizacións.

26

Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril

Sectores pioneiros da industrialización en España; características do proceso de construción do ferrocarril.

27

O movemento obreiro no Sexenio democrático e na Restauración

Principios esenciais das ideoloxías obreiras; expansión e consolidación do movemento obreiro na segunda metade do século XIX.

28

A evolución da sociedade no século XIX

Condicións de vida e traballo das mulleres no século XIX; loita polos seus dereitos.

29

As grandes reformas da Segunda República

Obxectivos, evolución e consecuencia das principais reformas republicanas.

30

O franquismo. Política económica

Características e resultados das distintas etapas da política económica franquista.

31

A situación da muller no século XX (II República, franquismo, gobernos da democracia)

Papel da muller na Segunda República, no Franquismo e no restablecemento da democracia.

32

A Transición e a consolidación da democracia

Proceso político de restablecemento da democracia; características da constitución de 1978; gobernos de UCD; 23-F; principais medidas dos gobernos socialistas.

33

España en Europa e no mundo

Proceso de integración na CEE e na OTAN; participación de España nos conflitos internacionais.

34

Evolución e cambios na España actual

Retos e consecuencias da globalización; limitacións e retos do Estado de Benestar; movementos de reivindicación social e cidadá.

bottom of page